Simposios "Represaliadas e resistentes"
|
Exposición e simposios |
||
|
||
Campus de Verán no Centro Deportivo Rias do Sur para rapaces de 5 a 12 anos.
Actividades: natación, waterpolo, squash, exercitando a psicomotrocidade, todo tipo de xogos, coidando do medio ambiente, aprendendo inglés de xeito divertido, participando en obradoiros de manualidades e body combat .
O campus estrutúrase en dous grupos de idade (de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos) e adapta as actividades a idade dos participantes.
Lugar: Centro Deportivo Rías do Sur, en Ponte Muíños.
Quendas: quincenais durante os meses de xullo e agosto, con horario de 9.30 a 13.30 horas.
Hai servizo especial para madrugadores, co obxecto de axudar ás familias con dificultades derivadas do horario laboral dos proxenitores.
A inscrición está aberta ata o próximo día 14 deste mes de xuño e os prezos varían, a partir dos 60 euros, en función da duración e os servizos adicionais.
Información e inscricións na Recepción do centro deportivo "Rias do Sur"de Ponte Muíños ou consultar na rede: www.centrosupera.com e www.facebook.com/SuperaRiasDoSur
.
Para participar só se precisa roupa e calzado deportivo, toalla, bañador, gorro de baño, chanclas e roupa para cambiarse.
.
Viaxe de coñecemento do patrimonio histórico do Baixo Miño
A Concellaría de Patrimonio Histórico organiza unha nova viaxe de coñecemento o vindeiro sábado 15 de xuño e consistirá na visita a diferentes enclaves patrimoniais do Baixo Miño: catedral e centro histórico de Tui, fortaleza de San Lourenzo en Goián (Tomiño), muiños do Folón (O Rosal), castro de Santa Tegra (A Guarda).
A inscrición na viaxe deberá facerse por medio do correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
desde o luns 3 ao martes 11 de xuño. O número máximo de prazas é de 50, determinado pola capacidade do autobús.
As viaxes de coñecemento son unha iniciativa da Concellaría de Patrimonio Histórico que ten como finalidade coñecer conxuntos patrimoniais e experiencias de recuperación e posta en valor destes elementos, co obxectivo de aproveitalas no traballo do Concello e das entidades sociais de Pontevedra.
A actividade do día 15 de xuño desenvolverase dacordo co seguinte programa:
• 9.30 h. Saída en bus desde Pontevedra (zona de parada de bus da rúa Alameda).
• 10.30 h. Parada en Tui.
• 12 a 14 h. Percorrido polo Forte de San Lourenzo en Goián (Tomiño) e arredores.
• 14.30 h. Xantar nun restaurante da zona. Prezo aprox. 18 euros.
• 17 h. Visita aos muiños do Folón e Picón (O Rosal).
• 19 h. A Guarda. Visita a Camposancos e Castro Santa Tegra
• 21 h. Volta a Pontevedra
Primeira edición de “Recicletas”, reparación caseira de bicicletas
O obradoiro impartirase todos os mércores, na sala grande da Casazul, dende o 12 de xuño até o 17 de xullo, empregando bicicletas do antigo servizo de Pillabici.
A inscrición de o martes 4 de xuño, e manterase até o xoves 6 de xuño
As persoas interesadas poderán chamar á Casazul, no teléfono 986 851489 de 09.00 a 14.00 horas, ou descargar a documentación da páxina web do Concello www.pontevedra.eu
A Concellaría oferta 20 prazas para este obradoiro: dez son individuais e outras dez son prazas duplo, é dicir, poden inscribirse un adulto acompañado dun menor de máis de 12 anos.
Estas prazas tamén están abertas a discapacitados e un acompañante. O 30% das prazas están reservadas para os usuarios de Servizos Sociais.
As bicicletas reparadas neste obradoiro entregaránselle á Universidade para o uso dos estudiantes Erasmus.
.
Nova edición dos Roteiros Temáticos Urbanos en Pontevedra
A Concellaría de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra organiza unha nova edición dos roteiros temáticos urbanos, unha iniciativa que ten como obxectivo dar a coñecer historias, personaxes, espazos e edificios da cidade, máis alá da visión turística habitual.
A repetición dos roteiros temáticos vaise desenvolver dacordo co seguinte calendario:
• Venres 14 xuño: Roteiro da heterodoxia (masonaria). Saída ás 20 horas do Arquivo Histórico (Paseo de Colón). Guiado por Olga Conde
• Sábado 15 xuño: Roteiro dos conventos e igrexas medievais. Saída ás 11 horas do convento de San Francisco. Guiado por Carmela Sánchez Arines
• Domingo 16 de xuño: Roteiro da arquitectura contemporánea. Saída as 11 h do ambulatorio Virxe Peregrina. Guiado por Marta Guirado e Diego Germade
• Sábado 22 de xuño: Roteiro dos recantos con encanto. Saída as 11 horas da praza da Leña. Guiado por Ramón Rozas
• Domingo 23 de xuño: Roteiro dos xardíns históricos e hortas urbanas. Saída ás 11 horas da antiga delegación de Sanidade (Avda de Vigo). Guiado por Jaime Blanco Dios
Procedemento de inscrición.
1. O prazo de inscrición ábrese o mércores 5 de xuño.
2. A inscrición deberá facerse cubrindo o formulario que se colgará na web www.pontevedra.eu (actividades patrimonio) a partir desta data.
3. Poderase facer a inscrición simultaneamente para todos os roteiros
Máis artigos...
Páxina 1 de 45
«InicioAnterior12345678910SeguinteFinal»teñas interese en difundir, envíanola á:
XUVENTUDE rúa Sor Lucía 2-3, 3º - 36002
Pontevedra

ou ao fax: 986 846 145
Máis información
no tel. 986 840 367
